A fachada da sede da Xunta en Lugo ilumínase hoxe en cor azul para conmemorar o Día Mundial do Síndrome de Sjögren

Lugo, 23 de xullo de 2025

A fachada da Delegación Territorial da Xunta en Lugo iluminarase a partir das 22.00 horas de cor azul para sumarse aos actos impulsados pola Federación Galega de Enfermedades Raras e Crónicas con motivo do Día Mundial do Síndrome de Sjögren, que se conmemora hoxe. O obxectivo é dar visibilidade a esta doenza crónica autoinmune, aínda pouco coñecida, que afecta a millóns de persoas en todo o mundo, maioritariamente mulleres.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, amosou o seu apoio á Federación e o compromiso do Goberno galego cos pacientes afectados por algunha destas enfermidades, así como coas súas familias. Neste sentido, a Consellería de Sanidade vén de presentar a nova Estratexia galega en enfermidades raras para o período 2025-2030, co obxectivo principal de reducir os tempos de espera das probas diagnósticas nun 30%.

Arias explicou que coa primeira Estratexia, desenvolvida entre os anos 2021 e 2024,  Galicia foi pioneira na introdución dun plan que permitiu centrar e reorganizar a asistencia sanitaria das máis de 5.200 persoas que xa se atopan inscritas no Rexistro de Enfermidades Raras de Galicia (RERGA).

Data de actualización: 23/07/2025