Estabilizado o incendio forestal do concello ourensán de Cualedro, parroquia de San Millao

Este lume, que se rexistrou en territorio galego e portugués, afecta dentro da nosa Comunidade unha superficie estimada de arredor de 90 hectáreas

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2025

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Cualedro, parroquia de San Millao, que tamén afecta a Portugal, está estabilizado dende as 17.34 horas de hoxe.

O lume iniciouse onte ás 16.38 horas e segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 90 hectáreas en territorio galego. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 3 técnicos, 17 axentes, 27 brigadas, 15 motobombas, 3 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 4 avións. Entre estes efectivos figuran tamén os bombeiros de Países Baixos que están a realizar unha estancia formativa en Galicia enmarcada no Mecanismo Europeo de Protección Civil.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

 

Data de actualización: 24/07/2025