Xosé Merelles visita a montaxe do Morriña Festival que espera superar nesta edición os 40.000 asistentes de 2024
2025-07-24
/documents/35297/1791297/20250724+P%C3%A9FotoVisitaMontaxeMorri%C3%B1a+%286%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 24 de xullo de 2025
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou esta tarde o recinto no porto da Coruña no que se celebrará a partir de mañá o Morriña Festival, unha das citas musicais máis relevantes da época estival na cidade herculina que forma parte dos Concertos do Xacobeo. Durante o percorrido estivo acompañado pola delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo.
Xosé Merelles amosou o seu desexo de que nesta edición se supere os 40.000 asistentes de 2024 e destacou tamén a oferta potente de artistas internacionais e nacionais. Entre eles, están Nathy Peluso, Ozuna, Beelé, Hhayco, Alleh y Yorghaki, Jhayco, Mikel Izal, Ginebras, Elena Rose, BePignoise, Alcalá Norte e DuncanDhu.
Departamento:
Axencia de Turismo de Galicia
Data de actualización: 24/07/2025