A Xunta e Aprometur reforzan a súa colaboración para impulsar a desestacionalización turística no Grove
Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2026.
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo unha reunión co representante da Asociación para a Promoción e Mellora do Turismo (Aprometur), Alberto Figueiro Romay, para facer balance das accións impulsadas no último ano de maneira conxunta entre Turismo de Galicia e Aprometur, ademais de explorar novas oportunidades de colaboración orientadas a fortalecer a promoción turística do Grove.
Durante o encontro analizaron o éxito da última edición do evento micolóxico MicoGrove, que contou co apoio de Turismo de Galicia. Neste sentido, ambos manifestaron a súa intención de dar continuidade a esta colaboración na cita deste ano, prevista para o outono, no marco da aposta da Xunta de Galicia pola desestacionalización e a promoción da actividade turística ao longo de todo o ano. Tamén abordaron a celebración das xornadas gastronómicas Pinchanogrove, que tiveron lugar o pasado mes de marzo e coas que tamén colaborou Turismo de Galicia. Estas iniciativas favorecen a dinamización da economía local do destino e a poñer en valor a súa oferta gastronómica.