O presidente da Xunta de Galicia participou na LVI edición do encontro gastronómico, recoñecido como Festa de Interese Turístico Galego
Rueda enxalza a Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña como referente da gastronomía e tradición galegas
Moraña (Pontevedra), 27 de xullo de 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Medio Rural, María José Gómez, e o de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou este domingo na LVI Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña, un dos eventos gastronómicos e festivos máis emblemáticos do verán galego. Xunto con autoridades locais e representantes veciñais, o titular do Goberno galego sumouse á celebración desta cita declarada Festa de Interese Turístico Galego, que cada ano reúne a milleiros de persoas arredor da cociña tradicional e da cultura popular.
Durante a súa visita, Rueda percorreu as instalacións do evento e compartiu coa veciñanza unha xornada marcada polo ambiente festivo, o respecto polas tradicións e a posta en valor da identidade local.