A Xunta entrega na Coruña os premios da campaña 'Merca no teu comercio' que percorre os barrios e o rural galego en prol do consumo de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na entrega organizada na praza de España ao abeiro da iniciativa, que se encadra na colaboración do Goberno galego coa Federación Galega de Comercio

A Coruña, 13 de outubro de 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na praza de España da Coruña na entrega de premios da campaña Merca no teu comercio, enmarcada na colaboración da Xunta coa Federación Galega de Comercio. Alí, puxo de relevo que esta iniciativa contribúe a dinamizar o consumo local, tendo en conta que esta acción percorre distintas localidades sen centros comerciais abertos e chega a máis de medio cento de asociacións de comerciantes.

Na provincia da Coruña, actualmente Merca no teu comercio está activa nos municipios de Oleiros e  Sada. En concreto, ata o 15 de outubro, data tras a que se entregarán —como no caso de hoxe— 20 tarxetas regalo por valor de 50 euros entre a clientela participante.

No resto de Galicia, a acción estase levando a cabo nesta quincena nos barrios da cidade de Lugo, no concello ourensán de Barbadás e nas localidades pontevedresas de Arbo, As Neves e Salvaterra de Miño.

Quen queira participar debe rexistrar a súa compra na web www.mercanoteucomercio.com, da que tamén poderá deixar constancia a persoa comerciante, duplicando así as posibilidades de gañar da clientela.  

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/10/2026