A delegada territorial da Xunta participa na inauguración de Equiocio Ferrol 2025

Ferrol, 31 de xullo de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde no campo das Cabazas, en Covas, no acto de inauguración de Equiocio Ferrol 2025, un evento que combina a competición deportiva hípica cunha programación chea de accións relacionadas co medio ambiente, a cultura, o compromiso social, a gastronomía e a promoción turística.

Concluído o acto, as autoridades presentes fixeron un percorrido polos diferentes espazos e tiveron a ocasión de desfrutar da destreza dos xinetes e amazonas que competiron no Trofeo Xunta de Galicia. A delegada territorial participou posteriormente na entrega do trofeo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/07/2025