A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral técnico, Yago Borrajo Sánchez, asinou co alcalde, José Antonio Pereira, o convenio de colaboración para o financiamento desta actuación

A Xunta colabora co Concello da Baña na mellora de varios viarios, entre eles o de Liñares-A Carballeira

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas financia esta intervención a través dun préstamo por máis de 380.000€ do Fondo de Cooperación ao concello, a través da liña dirixida a municipios de menos de 50.000 habitantes

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario Xeral Técnico, Yago Borrajo Sánchez, asinou co alcalde de A Baña, José Antonio Pereira, o convenio para a concesión dun préstamo por un importe total de 382.618€ do Fondo de Cooperación da Xunta para municipios de menos de 50.000 habitantes. Esta liña está destinada a financiar obras de conservación de patrimonio, rexeneración urbana ou adquisición de inmobles para rehabilitar en concellos de menos de 50.000 habitantes.

En concreto, o convenio firmado hoxe no marco deste fondo, ten como obxecto a mellora da capa de rodaxe da pista que comunica as zonas de Liñares-A Carballeira, a capa de rodaxe entre Carballeira e A Riba e a capa de rodaxe da que une A Riba-Ferreiros.

Este préstamo sen xuros ao concello da Baña correspóndese á convocatoria 2025 desta liña de achegas, dotada dun total de 3,7M€, e que estará aberta ata o vindeiro 15 de outubro.

A Xunta, dende a posta en marcha deste Fondo en 2017, leva concedidos préstamos por un importe de preto de 26M€ para impulsar 106 actuacións en 50 concellos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/08/2025