A Xunta destaca en Castrelo de Miño o valor das festas tradicionais como motor económico e turístico do rural galego

Castrelo de Miño (Ourense), 4 de agosto de 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu no campo da festa do Barral á 30ª edición da Festa da Anguía. Alí destacou a importancia deste tipo de celebracións tradicionais, tanto para o impulso da economía local como para a promoción turística e gastronómica dos concellos galegos.

Ademais, puxo en valor o compromiso da Xunta co desenvolvemento do rural e co apoio ao sector hostaleiro e comercial como elementos clave para o crecemento sostible e a creación de emprego nos territorios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/08/2025