O delegado territorial da Xunta saúda aos participantes da 38ª edición do Campamento Urbano
2025-08-06
/documents/35297/1811476/060825+Sa%C3%BAdo+aos+participantes+no+Campamento+Urbano+2.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 06 de agosto de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, saudou esta mañá no salón de actos da Delegación Territorial, aos participantes na 38ª edición do Campamento Urbano organizado pola Asociación Xuvenil Amencer, e que se desenvolverá ata o próximo 13 de agosto baixo o lema Unha historia con futuro.
Na xornada de hoxe, dedicada ao Día do Parlamento, Manuel Pardo agradeceu o gran labor que esta a levar esta asociación a través desta iniciativa, que fai posible que a rapazada de entre 8 e 16 anos de idade poida desfrutar do verán na cidade de Ourense mediante actividades programadas.
Departamento:
C. de Cultura, Lingua e Xuventude
Data de actualización: 06/08/2025