Ana Ortiz recibe na delegación de Vigo á xunta directiva da comunidade peruana en Galicia

Vigo, 8 de agosto de 2025

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo unha xuntanza cos representantes do colectivo peruano en Galicia na que informaron sobre as actividades levadas a cabo desde a asociación. A representante autonómica ofreceulles colaboración e informoulles sobre a formación existente para que os integrantes da comunidade peruana poidan incorporarse ao mercado laboral de forma regrada.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/08/2025