Rueda acompaña as SS.MM. os Reis durante a súa visita ao Centro de Coordinación do Distrito Forestal XIV, en Verín

Verín (Ourense), 28 de agosto de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañou as Súas Maxestades os Reis durante a súa visita ao Centro de Coordinación do Distrito Forestal XIV, en Verín.

A continuación, visitaron unha explotación gandeira no concello de Cualedro. Finalmente, o titular do Executivo galego acompañou as Súas Maxestades os Reis nun encontro con veciños afectados polos incendios forestais, en Monterrei.

Data de actualización: 28/08/2025