A Xunta adxudica por preto de 110.000 euros a execución das obras de humanización da praza da Igrexa no núcleo rural de Rairiz de Veiga

A actuación enmárcanse no Plan Hurbe e permitirá a renovación, soterramento de servizos urbanos e pavimentación no entorno desta praza

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2025

A Xunta vén de formalizar a adxudicación por preto de 110.000 euros a execución das obras de humanización da praza da Igrexa, situada no núcleo urbano do concello de Rairiz de Veiga.

Esta intervención, adxudicada á empresa Coviastec, S.L., enmárcase no Plan Hurbe, co que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas colabora cos concellos no financiamento da dotación de equipamentos públicos ou a mellora de contornas urbanas, co fin de mellorar a calidade de vida dos veciños

As actuacións que se levaran a cabo no entorno da Igrexa parroquial de San Xoán no núcleo urbano do municipio ourensán permitirán a renovación, soterramento de servizos urbanos e pavimentación no entorno da praza. Os traballos terán un prazo de execución de 3 meses.

De acordo ao convenio asinado no marco do Plan Hurbe, a Xunta asumirá o 70 % do investimento total das intervencións, e o Concello o 30 % restante.

Data de actualización: 29/08/2025