A delegada da xunta en Ferrol asiste ao festival internacional de arte ‘Meninas de Canido’

Ferrol, 6 de setembro de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o festival internacional de arte Meninas de Canido que se desenvolve desde onte no barrio ferrolá co apoio do Goberno galego.

Durante o percorrido, no que estivo acompañada polo precursor desta iniciativa, Eduardo Hermida, Aneiros puido valorar o resultado do traballo dalgúns dos 30 artistas que toman parte nesta decimosétima edición, así como participar nalgunha das actividades complementarias da programación deste festival que se prolongará ata mañá con música, obradoiros infantís e diferentes propostas gastronómicas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/09/2025