O Servizo Galego de Saúde publica a listaxe definitiva de aspirantes seleccionados para o ingreso na categoría de médico de urxencias hospitalarias

Desde a xornada de mañá ábrese un prazo de 10 días hábiles, do 9 ao 22 de setembro de 2025, para presentar a documentación requirida no proceso

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2025

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se fai pública a baremación definitiva e a relación de aspirantes definitivamente seleccionados no proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico de urxencias hospitalarias (convocatoria do 11 de maio de 2023).

Os seleccionados deberán presentar a documentación relacionada na resolución no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte a súa publicación, isto é, do 9 ao 22 de setembro de 2025.

Co obxecto de facilitar a súa presentación, no apartado Emprego Público da web do Servizo Galego de Saúde porase á disposición dos interesados a documentación que se debe presentar.

Así mesmo, as persoas seleccionadas poden dirixir todas as dúbidas e consultas relacionadas co procedemento de elección de destinos ao enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamacións nin recursos.

No día de hoxe, o Diario Oficial de Galicia tamén publica a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e á adxudicación de destino definitivo a 31 facultativos especialistas de área  e 5 pediatras de atención primaria.

Data de actualización: 08/09/2025