O delegado territorial da Xunta súmase aos actos institucionais organizados en Ribadeo polas festas patronais

Ribadeo (Lugo), 8 de setembro de 2025

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe nos actos institucionais organizados en Ribadeo con motivo das festas patronais de Santa María do Campo.

A localidade pecha hoxe unha semana de celebracións nas que se ofreceu un amplo programa de actividades pensadas para todos os públicos e idades. A música tivo especial protagonismo, con propostas como o Xara Fest, un festival de música urbana que contou co respaldo da Xunta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/09/2025