A ruta solidaria en favor de Alume ‘Xuntos e seguros, camiñamos’ mantén aberto o prazo de inscrición ata o 22 de setembro
A Garcia Civil e a asociación de Amigos do Camiño organizan por segundo ano esta iniciativa, que inclúe un percorrido de 10 quilómetros pola ruta Primitiva en Lugo
Lugo, 11 setembro de 2025
A ruta solidaria en favor de Alume que organizan en Lugo a Garda Civil e a Asociación de Amigos do Camiño coa colaboración da Xunta mantén aberto o prazo de inscricións, que deben facerse antes do 22 de setembro.
Os organizadores presentaron hoxe as camisetas promocionais da ruta, que se desenvolverá o domingo 28 nun treito de 10 quilómetros do Camiño Primitivo, entre Bascuas e o centro da cidade.
No acto participaron o delegado territorial, Javier Arias; o o presidente da asociación xacobea, Ángel Trabada; o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Lugo, Luis Germán Avilés, e o secretario de Alume, Óscar Rodríguez, entre outros.
Os participantes reuniranse ás 9,00 horas na praza de Bretaña, dende onde sairán en autobús ata o punto de inicio. As inscricións poden realizarse aboando 10 euros na conta bancaria da asociación -ES70 2080 0163 8930 4006 5919-. Tamén se pode colaborar mercando un “Dorsal 0” por 7 euros, que non implica participar na actividade.
Os organizadores convocaron esta ruta solidaria por primeira vez o pasado ano e lograron recadar 4.000 euros para a asociación ASPNAIS.