A Xunta pon en marcha unha nova edición das xornadas sobre control parental para promover un bo uso da tecnoloxía no entorno familiar

As actividades realizaranse entre o 19 de setembro e o 24 outubro en aulas da rede CeMIT de catro concellos galegos e no Centro GaiásTech

Están dirixidas a familias e ofrecen ferramentas e dinámicas para un mellor entendemento e uso das TIC por parte da rapazada

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2025

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) organiza, un ano máis, as xornadas formativas sobre Control Parental para proporcionar ás familias ferramentas e dinámicas para un mellor entendemento e uso das TIC por parte da rapazada.

O ciclo leva por título Tecnoloxía, infancia e mocidade: ferramentas para familias e  celebrarase durante os meses de setembro e outubro, con charlas formativas presenciais de dúas horas de duración en aulas CeMIT de catro concellos galegos.  O primeiro encontro terá lugar o vindeiro venres 19 de setembro na aula CeMIT de Moaña e continuará en Riotorto, Celanova e San Sadurniño. Adicionalmente, o día 10 de outubro, tamén se celebrará unha xornada no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura.

Contidos das xornadas

Para fomentar unha boa educación dixital entre a cidadanía, durante as xornadas formativas abordarase esta temática dende varias perspectivas: riscos dun mal uso da tecnoloxía, bases dunha boa educación dixital (establecemento de horarios, límites, tempos para a desconexión dixital e comunicación e presenza), prevención e control a través do emprego de ferramentas e aplicacións para o control parental, máis aló de Family Link, e ofreceranse recomendacións e boas prácticas para unha boa educación dixital na casa.

Inscrición e calendario de actividades

O prazo de inscrición está aberto e pode realizarse a través de portal da rede CeMIT. As datas e aulas das xornadas son as seguintes:

Lugar

Data e horario

Inscrición

Aula CeMIT de

Moaña

19/09/2025

17:00 a 19:00

https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/51390

Aula CeMIT de

Riotorto

03/10/2025

17:00 a 19:00

https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/51380

Centro Gaiás Tech – Cidade

da Cultura Santiago

de Compostela

10/10/2025

17:00 a 19:00

Control Parental - Tecnoloxía, infancia e mocidade: ferramentas para familias | Gaiástech

Aula CeMIT

de Celanova

17/10/2025

17:00 a 19:00

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/51645

Aula CeMIT de

San Sadurniño

24/10/2025

17:00 a 19:00

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/51673

 

 

Data de actualización: 12/09/2025