O delegado da Xunta en Ourense reúnese coa alcaldesa de Coles
2026-07-23
/documents/35297/2210439/230726+Reuni%C3%B3n+alcaldesa+de+Coles+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 23 de xullo de 2026
O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá coa alcaldesa de Coles, Susana Rodríguez, coa que que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica.
Manuel Pardo, despois de repasar coa rexedora asuntos de interese mutuo para as dúas administracións e avaliar posibles vías de colaboración, trasladoulle “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños do concello de Coles”.
Data de actualización: 23/07/2026