A conselleira María M. Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Parada de Sil
Ourense, 12 de setembro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co alcalde de Parada do Sil, Aquilino Domínguez Díaz.
Na xuntanza, que tivo lugar na sede da Delegación Territorial da Xunta en Ourense e á que asistiu tamén a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Pilar Fernández León, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de urbanismo e vivenda, de interese para este municipio.
O departamento que dirixe María M. Allegue continúa prestando a súa colaboración aos concellos para impulsar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica.