A Xunta e o GDR Adercou reforzan a súa colaboración a prol do desenvolvemento rural e a recuperación de terras
2025-09-18
/documents/35297/1860059/20250918ConseGDRAdercou.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 17 de setembro de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá co presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Adercou e alcalde do concello da Peroxa, Manuel Seoane.
O encontro serviu para avaliar diferentes liñas de traballo relacionadas co desenvolvemento rural do territorio do devandito GDR, así como para avanzar na implementación de diversas ferramentas de mobilización e posta en valor de terras, a partires das posibilidades que ofrecen os instrumentos da Lei de recuperación.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 18/09/2025