A Xunta patrocina ‘A Sesión da Tinería’, que animará o barrio con música este sábado
Lugo, 18 de setembro de 2025
A Xunta patrocina a ‘A Sesión da Tinería’, que animará o barrio este sábado, 20 de setembro, con música de diferentes estilos e para todo tipo de públicos. Os encargados serán os DJs Quimbine e Kiko López, que actuarán de 13,00 a 18,30 horas.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación do evento xunto con Isabel Lozano, integrante da asociación de empresarios Itineris, organizadores da xornada.
Arias destacou que a Xunta “colabora con todo tipo de iniciativas que lle dan vida ao barrio da Tinería e animan a desfrutar desta zona da cidade”. Lembrou ademais que o Goberno galego está impulsando a rehabilitación deste entorno, “con resultados evidentes nos últimos anos e novos proxectos en marcha”.