A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Bueu

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co alcalde de Bueu, Félix Juncal.

No encontro, que tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra e no que tamén participaron o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o director territorial da consellería en Pontevedra, José Manuel González González, a conselleira e o rexedor abordaron o estudo de actuacións para desenvolver na avenida Pazos Fontenla, así como o seu financiamento.

Esta xuntanza enmárcase na liña de colaboración que vén mantendo o Goberno galego cos concellos, prestándolles apoio para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica da zona.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/09/2025