O delegado territorial da Xunta en Lugo participa na xuntanza anual dos empresarios do Ceao e As Gándaras
Lugo, 19 de setembro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na xuntanza anual da asociación de empresarios dos polígonos do Ceao e As Gándaras.
Arias destacou “o papel dos empresarios, os autónomos e os emprendedores no desenvolvemento social e económico dos concellos da nosa provincia” e reiterou o compromiso da Xunta para seguir avanzando nese obxectivo traballando coordinadamente co sector.
Tamén incidiu na aposta por continuar co desenvolvemento do polígono das Gándaras, “unha área industrial consolidada na que a Xunta leva investidos 60 millóns de euros”. Neste marco, lembrou que no mes de xullo adxudicouse a redacción do proxecto de urbanización das fases VI e VII-B deste parque empresarial, que suporá engadir 352.153 metros cadrados de solo industrial máis e cuxa urbanización rematará no ano 2028.