Román Rodríguez salienta o papel clave da Inspección educativa no bo desenvolvemento do inicio do curso
Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, agradeceu hoxe o labor do servizo de Inspección Educativa durante a inauguración dunha xornada formativa. “Son unha peza fundamental e tiveron un papel clave e determinante para que o inicio do curso se desenvolvera con total normalidade”, sinalou Román Rodríguez, quen estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández.
Esta xornada, na que participan uns 80 profesionais, é a primeira das tres que se desenvolverán ao longo do curso e centra a formación nos retos e oportunidades da intelixencia artificial no entorno educativo, as avaliacións de diagnóstico como instrumento de mellora, as aplicacións de xestión e os aspectos máis destacados da organización da FP para o curso que vén de comezar.