Controlado o incendio do concello lucense de Pantón, parroquia de Pombeiro

 

O lume iniciouse o 18 de setembro ás 14.16 horas e segundo as últimas estimacións finais afecta unha superficie de 1.805 hectáreas

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2025

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello lucense de Pantón, parroquia de Pombeiro, quedou controlado ás 11.41 horas de hoxe.

O lume iniciouse o día 18 ás 14.16 horas e segundo as últimas estimacións finais afecta unha superficie de 1.805 hectáreas, parte delas no concello de Sober, e das cales 1.517 son arboradas e as 288 restantes rasas. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 25 técnicos, 264 axentes, 311 brigadas, 169 motobombas, 9 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 15 helicópteros e 12 avións. Neste lume colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Data de actualización: 28/09/2025