A Xunta apoia o festival de música urbana ‘Mariñas Sound’, que acolle este venres o Pazo de Feiras de Lugo
Lugo, 29 de setembro de 2025
A Xunta de Galicia apoia o festival Mariñas Sound, que terá lugar este venres no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. A cita foi presentada hoxe na Delegación Territorial nun acto que contou coa participación do delegado, Javier Arias, e unha representación da organización encabezada por Bruno Castro.
Mariñas Sound celebra a segunda edición en Lugo, logo de estrearse o pasado mes de xullo en Betanzos, cunha proposta de música urbana e electrónica que conxuga artistas consolidados e talentos emerxentes do panorama nacional e local.
Os concertos comezarán ás 19:00 horas e prolongaranse ata as 4:00 da madrugada. Figuran no cartel artistas como Kidd Keo, C. Marí, Groove Amigos, Skinyz, Sote, Carlittos, Borja Solla ou Unai.