O delegado territorial da Xunta participa na presentación da 2ª edición do espazo de lecer ‘Funtastik’
2025-09-30
/documents/35297/1874933/301025+Presentaci%C3%B3n+Funtastik+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 30 de setembro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación da segunda edición de ‘Funtastik’ que se desenvolverá no recinto feiral de Expourense do 3 ao 12 de outubro co patrocíneo da Xunta e da Deputación Provincial á que se prevé unha significativa asistencia de visitantes, sobre todo do eido educativo.
Os escolares e as súas familias desfrutarán dun espazo temático dos ‘Pitufos’ que serve como vehículo para educar nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e unha zona ‘LEGO’ para fomentar a súa creatividade.
Data de actualización: 30/09/2025