A Xunta destaca que o modelo autonómico de coidados en centros residenciais se caracteriza pola modernización do sistema integral de atención

Antón Acevedo destacou que o Goberno galego traballa para implantar este proxecto en todas as residencias públicas

Madrid, 30 de setembro de 2025

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, destacou hoxe os avances na mellora da atención nos centros residenciais que supón o novo modelo de coidados implantado na rede autonómica e que se caracteriza pola modernización di sistema integral de atención. Antón Acevedo participou hoxe na mesa sobre Programa puntero coordinación sociosanitaria no marco do evento Digitaliza Madrid.

O director xeral lembrou que Galicia foi pioneira no desenvolvemento dun sistema de coidados que ten como piares fundamentais a atención personalizada, a mellora dos equipamentos, o uso das novas tecnoloxías e a formación continua dos profesionais. A finalidade é que os maiores que se aloxan en residencias se sintan como nos seus fogares e dispoñan dos mellores medios e sistemas para ter unha atención da máxima calidade.

Neste sentido, apuntou que a Xunta está estendendo este modelo polas residencias públicas autonómicas e que conta con habitacións intelixentes, que permiten mellorar o confort, os coidados, o control do estado de saúde e a seguridade dos residentes.

Data de actualización: 30/09/2025