A delegación territorial da Xunta acolle a presentación da nova tempada do club Ensino Lugo

Lugo, 1 de outubro de 2025

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu esta tarde a presentación dos equipos do club de baloncesto Ensino Lugo para a tempada 2025-2026. O acto contou coa participación do delegado territorial, Javier Arias.

Pola explanada da Delegación pasaron as integrantes do primeiro equipo e tamén os equipos da canteira, ademais de representantes do cadro técnico e o presidente, Manuel Durán, entre outros.

Javier Arias destacou que “é unha honra contar en Lugo cun club que milita na Liga Endesa, a máxima categoría do baloncesto feminino, e que traballa desde a base para que a rapazada lucense poida adestrar, competir e aspirar a un futuro na elite deste deporte”. Reiterou ademais o apoio do Goberno galego “ao deporte e aos clubs que, como o Ensino, fan provincia dentro e fóra dos terreos de xogo”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/10/2025