A delegada territorial asiste aos actos do centenario da inauguración do edificio do Casino Ferrolano
2025-10-02
/documents/35297/1876445/CentenarioCasino.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 1 de outubro de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde á celebración do centenario da inauguración do edificio do Casino Ferrolano, obra do arquitecto Rodolfo Ucha, do que destacou "non só inspirou o exterior do edificio senón tamén o interior". Durante o acto no que a representante da Xunta tivo palabras de agradecemento para directivas, socios e empregados da entidade social, presentouse en concerto o himno da entidade, composto polo catedrático e compositor Miguel Brotóns, e interpretado pola soprano Patricia Rodríguez e o pianista Alejo Amoedo.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 02/10/2025