O delegado territorial da Xunta asiste á inauguración das XIII Marchas Ciclistas Unificadas, Special Olympics Galicia no Pereiro de Aguiar
2025-10-03
/documents/35297/1876451/inauguraci%C3%B3n+das+XIII+Marchas+Ciclistas+Unificadas%2C+Special+Olympics+Galicia+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 03 de outubro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu ao acto de inauguración das XIII Marchas Ciclistas Unificadas, Special Olympics Galicia no pavillón municipal A Chaira, no concello do Pereiro de Aguiar.
Un evento inclusivo que percorre Galicia que conta coa participación de máis de 200 participantes entre deportistas con e sen discapacidade intelectual, voluntariado e persoal técnico, cuxo obxectivo principal é visibilizar ao colectivo da discapacidade a través do deporte e promover a súa plena inclusión na sociedade.
Data de actualización: 03/10/2025