A Xunta dará a coñecer o exemplo de mulleres líderes nos seus ámbitos en 20 centros educativos con Edureferentes

A directora xeral de Innovación Educativa, Judith Fernández, reúnese coa nova presidenta de Executivas de Galicia, Carmen Costas, que desenvolve este programa

O obxectivo é sensibilizar aos máis novos sobre os estereotipos de xénero e promover a igualdade mediante charlas, obradoiros e mentorías

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2025

 A Xunta dará a coñecer o exemplo de mulleres líderes nos seus ámbitos en 20 centros educativos a través da quinta edición do programa EduReferentes, impulsado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e Executivas de Galicia. Precisamente, a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, reuniuse esta mañá coa nova presidenta desta asociación, Carmen Costas, coa que abordou o desenvolvemento do programa para este curso.

Ao abeiro desta iniciativa, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP leva experiencia de mulleres líderes nos seus sectores aos centros seleccionados na convocatoria, cuxa resolución se publica hoxe. Os colexios e institutos participantes son os recollidos na seguinte táboa:

Concello

Centro

Provincia da Coruña

Cee

IES Fernando Blanco

Outes

IES Poeta Añón

Ribeira

IES Leliadoura

Touro

CPI Plurilingüe Fonte Díaz

Vedra

CPI Plurilingüe de Vedra

Zas

IES Máximo Romero de Lema

Provincia de Lugo

Castroverde

CPI Plurilingüe de Castroverde

Foz

IES de Foz

Monforte de Lemos

IES Francisco Daviña Rey

A Pastoriza

IES Fonmiñá

A Pontenova

IES Enrique Muruais

Sarria

IES Gregorio Fernández

O Saviñao

CPI Plurilingüe Dr. López Suárez

Xove

IES Illa de Sarón

Provincia de Ourense

Maceda

IES San Mamede

Ourense

IES Julio Prieto Nespereira

Provincia de Pontevedra

A Guarda

IES A Sangriña

Lalín

IES Ramón Mª Aller Ulloa

Vigo

IES Ricardo Mella

Vilaboa

CPI do Toural

 

Nas catro anteriores edicións do programa participaron na iniciativa máis de 4.500 alumnos. En concreto,  alumnado asiste a charlas de 50 minutos a cargo de dúas profesionais referentes galegas en dous ámbitos profesionais diferentes para visibilizar a figura da muller en postos tradicionalmente masculinizados. Nestas sesións trabállanse cos estudantes os mitos sobre os diversos perfís desde unha perspectiva de xénero.

Tamén se desenvolven obradoiros educativos sobre softskills (as competencias relacionadas coa forma que ten unha persoa de relacionarse coa súa contorna social) e creatividade guiados por mulleres expertas e tamén centrados na educación emocional con perspectiva de xénero.

A maiores, o programa inclúe mentorías individualizadas para unha selección de cinco estudantes por centro, nas que estas mulleres comparten a súa experiencia e coñecementos, apoiando ao alumnado na busca das súas fortalezas, habilidades e intereses ao longo de diversas sesións individualizadas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/10/2025