Belén do Campo asiste aos actos institucionais do Día da Policía na Coruña
A Coruña, 3 de outubro de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu hoxe aos actos institucionais organizados no Día de Policía con motivo da festividade dos Santos Anxos Custodios que tiveron lugar na Comisaría Provincial da Coruña.
Durante o acto, no que participaron representantes de diferentes institucións civís e militares, procedeuse á entrega de condecoracións “In Memoriam”, un recoñecemento emotivo aos axentes falecidos en acto de servizo.
A delegada da Xunta destacou o compromiso, a profesionalidade e o servizo público da Policía Nacional, subliñando a importancia do seu labor diario na protección da cidadanía e na defensa das liberdades. Así mesmo, trasladou o agradecemento do Goberno galego a todos os homes e mulleres do corpo polo seu esforzo constante e pola súa entrega.