A Xunta amosa o seu apoio á Federación Española de Jugadores de Azar rehabilitados que celebra o seu 25 congreso en Vigo

Vigo, 3 de outubro de 2025

A Xunta amosa o seu apoio á Federación Española de Jugadores de Azar Rehabilitados (FEJAR), que celebra desde hoxe venres e ata o domingo o seu 25 congreso en Vigo. O secretario xeral técnico e do Tesouro da Consellería de Facenda e Administración Pública, David Cabañó, participou na inauguración do encontro e puxo en valor o labor da Federación a prol dun xogo responsable e na defensa dos intereses das persoas afectadas pola dependencia ao xogo.

David Cabañó aproveitou para garantir o compromiso do Goberno galego de seguir abordando o xogo desde unha perspectiva ampla, que inclúe a prevención, asistencia sanitaria, a integración social e a regulación legal.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/10/2025