A Xunta salienta a importancia de seguir impulsando a perspectiva de xénero na docencia e nos proxectos de investigación

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2025

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, asistiu á entrega da XVI edición dos premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación da Universidade de Santiago de Compostela. Durante a súa intervención sinalou a importancia de que as Administracións e Institucións públicas impulsen proxectos centrados na perspectiva de xénero e na igualdade.

A directora xeral agradeceu o labor que desenvolve a USC neste eido e fixo fincapé nos proxectos galardoados neste certame e que amosan o compromiso do alumnado e o profesorado coa igualdade de xénero. Así mesmo, lembrou que a Xunta impulsou este ano o programa Galicia Investiga Igualdade e que permitiu impulsar dez bolsas para estudantes predoutorais para apoiar proxectos en materia de xénero en calquera rama do coñecemento. Neste sentido, Quintiana agradeceu á USC e á súa Oficina da Igualdade a súa colaboración que os levou a converterse na universidade con máis proxectos presentados e a que máis becas acadou, con catro das dez.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/10/2025