A Xunta reforza a colaboración con Polonia para presentar as oportunidades de investimento e os sectores clave de Galicia
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2025
A directora do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Covadonga Toca, recibiu esta mañá unha delegación polaca encabezada pola Cámara de Comercio Polaco-Española e integrada por representantes da rexión de Warmia-Mazury. O encontro permitiu analizar vías de colaboración e establecer contactos de intercambio económico entre ambas rexións, abrindo posibilidades para novos proxectos empresariais e de internacionalización.
A directora do Igape explicou que durante a reunión salientouse o interese compartido en estreitar lazos entre Galicia e Polonia, promovendo proxectos conxuntos que impulsen a innovación, a internacionalización e o crecemento sostible das dúas economías.
Este tipo de encontros busca fomentar contornos de colaboración de apoio ao crecemento económico e a innovación. A visita subliña, ademais, o compromiso da Xunta de Galicia por fortalecer os lazos internacionais e consolidar a súa posición como unha rexión atractiva para os negocios e a cooperación global.