O delegado da Xunta reúnese cunha delegación de participantes no foro internacional Galicia - Asia

Lugo, 9 de outubro de 2025

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, reuniuse esta tarde cunha delegación dos participantes no foro internacional Corredor Galicia-Asia, que se celebra mañá en Lugo organizado polo colectivo profesional Prorural e promovido pola alianza internacional Aaccdi. Entre os asistentes estiveron os presidentes das dúas entidades, José María López Bourio e Juan Fang, respectivamente.

Arias destacou a oportunidade que supón acoller en Lugo esta cita estratéxica para aproveitar sinerxías e reforzar lazos comerciais entre Galicia e Asia; e que conta tamén co respaldo de entidades como a CEL e o Campus Terra da USC.

O delegado destacou que países como Xapón consolídanse como destinos estables para as exportacións de empresas galegas; ademais de remarcar que a Xunta “ofrece unha Administración cercana, áxil e con garantías para os proxectos internacionais que queiran implantarse na Comunidade”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/10/2025