Belén do Campo asiste ao concerto da Unidade de Música do Cuartel Xeneral do Mando de Apoio á Manobra con motivo do Día da Festa Nacional

A Coruña, 9 de outubro de 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu esta tarde ao concerto ofrecido pola Unidade de Música do Cuartel Xeral do Mando de Apoio á Manobra, que tivo lugar no Teatro Colón con motivo da celebración do Día da Festa Nacional, presidido polo xeneral Xefe do Mando de Apoio á Manobra, Marcial González.

Durante o acto, a representante autonómica destacou a importancia desta cita cultural e musical, que une ás institucións e á cidadanía arredor dos valores de unidade, respecto e servizo a España, así como o papel das Forzas Armadas na defensa do benestar e da seguridade de todos os cidadáns.

O programa conmemorativo do Día da Festa Nacional na Coruña completarase mañá, venres 10 de outubro, co izado solemne da bandeira na dársena do porto, nun acto que contará tamén coa participación de representantes institucionais e das forzas de seguridade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/10/2025