Ángeles Vázquez e o alcalde de Bóveda analizan cuestións de interese para o municipio en materia de patrimonio natural
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2025
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, reuníronse esta mañá para abordar cuestións de interese para o municipio en materia de patrimonio natural.
En concreto, o rexedor trasladou á conselleira o interese municipal por acometer diversas actuacións de cara a poñer en valor a contorna fluvial do río Mao, así como para levar a cabo diferentes accións para levar a cabo melloras no eido do patrimonio natural. Nese senso, cómpre lembrar que este concello lucense ten parte do seu territorio recoñecido baixo a figura de protección Rede Natura 2000.
Nesa liña, Ángeles Vázquez subliñou que persoal técnico da Consellería, tanto da Dirección Xeral de Patrimonio Natural como de Augas de Galicia, analizarán os proxectos que presente o Concello de cara a avaliar a súa viabilidade e a posibilidade de establecer vías de colaboración para acometelos.