A Xunta participa no tradicional xantar en homenaxe aos maiores do concello de Portas
Portas (Pontevedra), 12 de outubro de 2025
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou hoxe na XXXII Festa dos Maiores, que organiza anualmente o Concello de Portas.
O encontro tivo lugar no pavillón municipal e contou con animación musical. Perfecto Rodríguez agradeceu a invitación a este festexo e felicitou ao concello por impulsar e manter no tempo, durante máis de tres décadas, unha homenaxe ás persoas maiores deste municipio pontevedrés.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 12/10/2025