Belén do Campo participa no izado solemne de bandeira con motivo do Día da Festa Nacional

A Coruña, 10 de outubro de 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo,  participou esta mañá no izado solemne da bandeira e no acto de homenaxe aos que deron a súa vida por España, celebrados na dársena do porto coruñés con motivo do Día da Festa Nacional.

Durante o evento, no que tamén participaron autoridades civís e militares, a delegada destacou o compromiso e a entrega das Forzas Armadas, así como o seu valor de servizo público.

A representante do Goberno autonómico subliñou que esta conmemoración é tamén unha mostra de recoñecemento á cooperación institucional e ao traballo conxunto de todas as administracións, coa vontade de seguir avanzando no benestar, a liberdade e a convivencia da cidadanía.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/10/2025