Estabilizado un incendio forestal no concello lucense de Pantón, parroquia de Cangas

O lume quedou estabilizado ás 07.30 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2025

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal rexistrado no concello lucense de Pantón, parroquia de Cangas, que se iniciou ás 01.46 horas desta madrugada e que quedou estabilizado ás 07.30 h.

Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 5 axentes, 7 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Data de actualización: 19/10/2025