Controlado o incendio forestal do concello lucense de Pantón, parroquia de Cangas
O lume deuse por controlado ás 14.05 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2025
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello lucense de Pantón, parroquia de Cangas, está controlado desde as 14.05 horas de hoxe.
O lume, que se iniciou ás 01.46 horas desta madrugada, afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 5 axentes, 8 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.