Belén do Campo asiste á conferencia impartida por Raquel Blázquez Martín, maxistrada da Sala Primeira do Tribunal Supremo

A Coruña, 20 de outubro de 2025

A delegada territorial  da Xunta, Belén do Campo,  xunto ao director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu á conferencia impartida por Raquel Blázquez Martín, maxistrada da Sala Primeira do Tribunal Supremo, baixo o título “Seis meses de MASC: análise das cuestións máis polémicas”. organizada pola Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación (RAGJYL),

Na sesión ofreceu unha análise detallada da implantación e desenvolvemento dos medios adecuados de solución de conflitos (MASC), así como das principais controversias xurídicas que xurdiron tras os seus primeiros meses de aplicación.

O evento enmárcase no Ciclo de Conferencias promovido pola RAGJYL en colaboración co Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña, o Ilustre Colexio Notarial de Galicia e ABANCA, co obxectivo de fomentar o debate e a actualización xurídica entre profesionais do dereito e institucións.

Durante o acto, Belén do Campo destacou “a importancia de impulsar espazos de reflexión e análise xurídica que contribúan a unha xustiza máis moderna, eficaz e próxima á cidadanía”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/10/2025