A Xunta visibilizará o emprendemento no mundo das mascotas cun posto no III Salón de animais de compañía de Galicia que acollerá Pontevedra esta fin de semana

Pontevedra, 21 de outubro de 2025

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou na presentación do III Salón de animais de compañía de Galicia, apoiado pola Xunta e que terá lugar esta fin de semana no recinto feiral de Pontevedra. Alí a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego do Goberno galego contará cun espazo sobre iniciativas emprendedoras relacionadas co ámbito das mascotas e no que os asistentes poderán afondar nestes proxectos. De feito, esta cita inclúe concurso de agility -disciplina deportiva na que os cans compiten nun circuíto de obstáculos-, zona infantil, expositores, charlas, exhibicións e unha zona de adopción.

Neste sentido, Pablo Fernández, destacou na presentación do salón o valor de certames coma este para promover reunións de negocio e visibilizar as iniciativas emprendedoras relacionadas co mundo da mascota, un sector en auxe que en Galicia. Ademais, Pablo Fernández subliñou o apoio do Goberno galego a creación de novos negocios a través de ferramentas como a Rede de polos, que conta con 15 oficinas distribuídas por toda Galicia e que leva atendido preto de 5.000 proxectos relacionados con distintos sectores.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/10/2025