A Xunta colabora coa II Festa da Xuventude e Ruta Cabalar que se celebra o sábado en Friolfe, no Páramo
Lugo, 22 de outubro de 2025
A Xunta colabora coa II Festa da Xuventude e Ruta Cabalar que se celebrará o vindeiro sábado, 25 de outubro, na parroquia de Friolfe, no concello do Páramo. As dúas citas desenvólvense por primeira vez de forma conxunta.
O delegado territorial en Lugo, Javier Arias, presentou hoxe o evento acompañado de Iván López, en representación da asociación veciñal San Xoán de Friolfe, organizadora da festa xunto ao colectivo Pica e Terma, que se encarga do relacionado coa actividade ecuestre.
A celebración comezará ás 10.30 horas coa ruta cabalar. Os participantes sairán do campo da festa de Friolfe e farán un percorrido duns 15 quilómetros polo municipio. Pasarán polos núcleos de Guisande, Villaeiriz, Cendoi, A Veiga, Piñeiro, o campo da feira da Páramo e San Martiño, antes de voltar a Friolfe sobres as 14.00 horas. Preto de 60 persoas formalizaron xa a súa inscrición para participar na actividade.
A programación festiva continuará durante toda a tarde na parroquia paramesa, cun xantar de confraternidade e unha sesión de tardeo con animación musical, e rematará coa tradicional verbena, coas orquestras Punto Clave e Cinema. O campo da festa estará cuberto cunha carpa.