A Consellería do Mar aborda en Burela e Celeiro as necesidades do sector
Burela (Lugo), 23 de outubro do 2025
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, mantivo este xoves un encontro de traballo coa Organización de Produtores Pesqueiros (OPP-77), en Burela, para abordar as necesidades desta entidade e analizar iniciativas promovidas e financiadas pola Xunta de Galicia como o plan de produción e comercialización; un instrumento considerado clave para estas entidades no senso de asegurar o relevo xeracional, a estabilización dos mercados, ademais de identificar e coordinar sus actividades, mellorando a comercialización e o rendemento económico. Concretamente, a Administración autonómica destina a todas as organizacións existentes en Galicia no ano en curso 2,8 millóns de euros para o desenvolvemento das iniciativas mencionadas.
A xuntanza enmárcase na que é unha liñas estratéxicas da Consellería: optimizar ao máximo posible a funcionalidades destas entidades en aras de avanzar na trazabilidade, sostibiidade e xestión produtiva. Previamente, en Viveiro, o director xeral tamén visitou a lonxa, asistindo á subasta de primeira hora da mañá. Seguidamente, Rial acompañou aos responsables da entidade Porto de Celeiro nunha visita ás instalacións, durante a cal puideron departir sobre as súas necesidades e demandas actuais.