A Xunta conmemora o Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido acompañando as familias e usuarios nunha xornada de lecer

A  directora xeral de Persoas con Discapacidade enxalzou o papel das entidades sociais que traballan cada día para mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2025

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou na xornada de actividades organizada para conmemorar o Día Mundial do Dano Cerebral Adquirido. Ao longo da mañá houbo actuacións nas que participaron usuarios e familias e a lectura dun manifesto reivindicativo para seguir consolidando os seus dereitos.

Esta xornada busca dar visibilidade ás persoas con dano cerebral e tamén visibilizar as necesidades dos usuarios e as súas familias. Neste senso, Begoña Abeijón, quixo destacar o traballo que realizan as entidades sociais que os acompañan cada día co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida.

Neste senso, a directora xeral fixo fincapé no traballo conxunto do tecido social e a Administración para seguir potenciando a atención e benestar das persoas con discapacidade, ao tempo que trasladou o compromiso da Xunta para seguir potenciando novos recursos e ofrecéndolles unha atención de calidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/10/2025