O presidente da Xunta mantivo un encontro institucional co ata agora delegado do pobo saharauí en Galicia

Rueda agradece a Mohamed Mehdi o seu traballo e dedicación para manter vivos os vínculos de solidariedade entre Galicia e o pobo saharauí

Aabidim Bucharaya foi nomeado como novo delegado para Galicia polo Ministerio de Asuntos Exteriores da República Árabe Saharauí

Vigo, 25 de outubro de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo un encontro institucional co ata agora delegado do pobo saharauí en Galicia, Mohamed Mehdi, ao que agradeceu o seu traballo e dedicación para manter vivos os vínculos de solidariedade entre a nosa comunidade e o pobo saharauí.

Na reunión, o representante saharaui despediuse oficialmente do titular do Executivo galego e informouno do nomeamento de Aabidim Bucharaya como novo delegado para Galicia, realizado polo Ministerio de Asuntos Exteriores da República Árabe Saharauí.

Grazas á labor de Cooperación Galega en Sáhara, realizada polo Goberno galego, e as actividades desenvoltas coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), máis de 7.000 familias galegas de 263 concellos acolleron desde 1991 a máis de 7.600 nenos e nenas que viven nos campamentos de refuxiados saharauís 'Vacacións en Paz'.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/10/2025